domingo, 5 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

O luns 30 celebramos na escola o día da paz. Para elo fixemos un mural entre todos, banderíns, símbolos da paz,bonequiños...Na primeira parte os rapaces de 1º ciclo contáronnos o fermoso conto "Sacapenas" e ao final agasallaron a cada neno do cole cun bonequiño sacapenas que fixeron eles mesmos,con madeira,teas e pauciños, eran preciosos!!. A continuación léronse poemas compostos polos nenos, e os rapaces de 3º ciclo contáronnos cousas interesantes sobre Gandhi.
Xa para rematar cantamos entre todos "Campás pola paz" e o clásico de todos os anos "Cantarola dos nenos" (amiguiños todos).

MÚSICA:
"Campás pola paz" do disco de Migallas "Pan de millo"

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada